O 'FIOT' ofrecerá en Carballo unha completa programación este outono

Volve o 'FIOT'- Festival Intarnacional Outono de Teatro 2017 do 16 de setembro ao 28 de outubro
Costa da Morte » Carballo
martes, 12 Setembro, 2017

Carballo converterase, como cada ano, na capital das artes escénicas de Galicia. Esta vila acolle un dos maiores festivais de teatro que logra atraer a milleiros de visitantes para gozar das máis de cen actividades programadas durante máis dun mes.

O Festival Internacional Outono de Teatro celébrase en Carballo desde o ano 1992 e consolidouse nos últimos anos como un dos festivais máis importantes de Galicia debido ao alto nivel do programa ofertado. 

Desde o 16 de setembro ao 28 de outubro poderase ver neste festival as máis importantes compañías galegas xunto a moitas das máis relevantes compañías de España e varias referencias doutros países. 

A programación conta, ademais cun amplo conxunto de iniciativas de dinamización teatral que van máis alá da mera exhibición, implicando outras facetas educativas, culturais e sociais. 

+info: http://fiot.gal/