O Mosteiro de Santa María de Sobrado percorrerá a provincia cunha exposición en 9 concellos

A exposición sobre o mosteiro de Santa María de Sobrado percorrerá toda a provincia
venres, 19 Outubro, 2018

A Sección de Turismo da Deputación, en colaboración co Servizo de Arquitectura e Mantemento, organiza esta exposición con obxetivo de dar a coñecer a historia, valores, recursos turísticos e a reconstrucción dun mosterio singular na provincia.

Tratouse de reflexar as actividades que se desenvolven no mosterio como lugar de oración, acollida, atención ao peregrino, centro cultural, relixioso, de produción de bens de alimentación no traballo da comunidade, de produción artística mediante o traballo dos monxes, etc.

A exposición percorrerá toda a provincia nas seguintes datas:

Deputación –Pazo Provincial: Do 27 de setembro ao 28 de outubro.
As Pontes – Casa Dopeso: Do 30 de outubro ao 14 de novembro.
Muros – Pozo do Cachón: Do 16 ao 27 de novembro.
Rianxo – Casa da Cultura: Do 29 de novembro ao 19 de decembro.
Corcubión – Casa da Cultura: Do 21 de decembre ao 9 de xaneiro.
Carral – Centro sociocultural: Do 24 de xaneiro ao 11 de febreiro.
A Coruña – Fórum metropolitano: Del 11 al 27 de febrero.
Arzúa – Capela da Madalena: Do 9 ao 24 de marzo.
Santiago d. C. – Centro Cultura A Rocha: Do 26 de marzo ao15 de abril.