O museo de Man acolle "Nunca Máis" contado polas fillas de Manfred

O museo Man de Camelle acolle, dende o 27 de xullo ata o 29 de setembro, unha exposición titulada un "Nunca Máis" contado polas fillas de Manfred
Un "Nunca Máis" contado polas fillas de Manfred
Un "Nunca Máis" contado polas fillas de Manfred
Costa da Morte » Camariñas
xoves, 1 Agosto, 2019

O museo Man de Camelle acolle, dende o 27 de xullo ata o 29 de setembro a exposición Un "Nunca Máis" contado polas fillas de Manfred. Dita exposición xira en torno á traxedia do Prestige e tamén sobre a figura de Manfred Gnädingero alemán de Camelle.

A exposición está promovida pola asociación Unha Gran Burla Negra, colectivo que recompilou pezas artísticas, poemas, imaxes, músicas, textos e intervencións, anónimas ou non, que desbordaron rúas e medios durante os meses nos que se estendeu a catástrofe do Prestige.

obxectivo desta mostra según a súa comisariaMaría Bella, é “facer memoria, celebrar o empoderamento colectivo e a unión lograda naquela época entre persoas de diferentes lugares, e recuperar esta conciencia para aplicala no presente e imaxinar o futuro que queremos nun tempo no que a cuestión medioambiental está moi vixente”.

Para máis información aquí