
O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece visitas guiadas de balde a grupos organizados no horario habitual, de martes a sábado de 11:00 a 13:00h e de 17:00 a 19:00h, luns, domingos e festivos permanece pechado; Sempre coa debida previa reserva.
O Museo está situado na torre de Bermúdez no centro histórico da Pobra do Caramiñal, a escasos metros do aparcadoiro de autobuses. É un edificio civil extraordinario do século XVI declarado Monumento Histórico - Artístico de Interese Nacional. Torre que en tempos do escritor pertencía a seus avós paternos, por iso é unha casa que frecuentaba e de adulto viviu coa súa familia noutros domicilios desta vila.
A torre de Bermúdez alberga o primeiro museo que se abriu en España sobre o ilustre escritor, co obxecto de dar a coñecer o seu perfil biográfico, literario e sentimental.
Tamén dispón dunha ruta literaria polo centro histórico da Pobra do Caramiñal, relacionada con obras e lugares que don Ramón frecuentaba. Un dos edificios máis emblemáticos é a Igrexa de Santiago do Deán, onde se sitúa o Santuario de Xesús Nazareno.
Máis info chamándo ao: 981 831 662 ou a través da dirección de correo electrónico: museo.valleinclan@apobra.gal.