O PROXECTO DO XEOPARQUE CABO ORTEGAL COMO AXENTE DINAMIZADOR DO TURISMO E DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Os concellos que conforman o proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal van levar a cabo 7 xornadas de formación dirixidas á poboación local
Listado das xornadas informativas do proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal
Listado das xornadas informativas do proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal
Ferrolterra e Eume » Moeche
venres, 8 Novembro, 2019

Os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño van ser nas próximas semanas o escenario de 7 xornadas informativas sobre como a declaración de xeoparque por parte da UNESCO podería ser un axente dinamizador do turismo e do desenvolvemento sostible do territorio.

Ditas xornadas, promovidas pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol co apoio da Deputación da Coruña, teñen como obxectivo achegar á poboación local coñecementos sobre qué é un xeoparque e cales son os beneficios da súa implementación no territorio, así como a exposición de exemplos doutros xeoparques, xa en funcionamento, nos que se están a desenvolver actividades de éxito.

A inscrición é totalmente gratuíta e pode facerse no seguinte enlace.