O Proxecto do Xeoparque de Ortegal encabezará a estratexia de promoción da Deputación na feira B-TRAVEL

Enmarcado no apartado B-Industrial, o proxecto para a declaración do patrimonio xeolóxico de Ortegal ante a UNESCO difundirase os días 22, 23 e 24 de marzo no Recinto de Montjuïc (Barcelona)
venres, 15 Marzo, 2019

A Sección de Turismo da Deputación da Coruña asistirá, unha vez máis, á feira BTravel de Barcelona dentro do módulo de B-Industrial. Coa finalidade de posicionar a provincia neste nicho, o stand non só ofrecerá información xeral dos destinos que a representan, senón que tamén dará difusión do proxecto do Xeoparque de Ortegal. Ademáis da atención do stand, o Doctor en Xeoloxía e un dos promotores do Proxecto, Francisco Canosa ofrecerá unha ponencia nas xornadas profesionais o venres 22 ás 13:45h. “El geoturismo en Galicia, una manera diferente de ver el paisaje”, será o título do relatorio organizado pola Deputación.

Como mecanismo de promoción, dende o luns 18 ao domingo 24, un autobús rotulado co logo e fotografías do Proxecto do Xeoparque percorrerá as rúas de Barcelona, acompañado dun pase do vídeo promo “Coruña Like” no seu interior.

Por outro lado e non menos importante, a Sección de Turismo tamén difundirá as actividades artesanais mais representativas da provincia, entre elas, a de Esther Ferreiro. Esta artesá amosará en vivo a súa artesanía de prata e vidro durante os tres días de feira.

Estade atentos nas actualizacións do programa de actividades e o bus posto nas rúas de Barcelona nas canles de  Twitter e Facebook. Nas historias de Instagram subiremos info en directo.