O sábado 5 de maio celébrase en Betanzos a segunda edición do evento “Primavera no Camiño Inglés”

O acontecemento, onde se exhibe boa parte da oferta turística dos concellos polos que pasa este Camiño, está organizado pola Deputación Provincial da Coruña
mércores, 2 Maio, 2018

O sábado 5 de maio, Betanzos vivirá un despregue de actividades, actuacións, degustacións e demais accións relacionadas coa oferta turística que se desenvolve nos dezaoito concellos polos que pasa o Camiño Inglés. Todos eses concellos terán, ademais, o seu propio stand na praza Irmáns García Naveira, o cal reforza a percepción do peso específico de cada un deles no itinerario. O acontecemento propón así gozar dun modo ocioso dunha perspectiva integral da riqueza histórica, patrimonial, cultural e gastronómica do Camiño Inglés.

As distintas accións enmarcadas nesta segunda edición do evento, podes consultalas a continuación, e tamén nunha das imaxes que acompaña a esta nova. Todo para que poidas seguir unha xornada que agardamos sexa instrutiva á vez que divertida:

 

11:30 Apertura

 

11:45 Inauguración

 

12:00 Rondalla “Chicas de Oro” - Concello de Pontedeume

 

12:00 Degustación de tortilla de Betanzos - Concello de Betanzos

Degustación de “Viño da Terra de Betanzos” - Concello de Betanzos

Degustación de troitas de Oroso - Concello de Oroso

Degustación de pan de Neda - Concello de Neda

Actuación Grupo Azougue - Concello de Betanzos

 

13:00 Actuación dos grupos tradicionais “O Castro” - Concello de Miño

 

13:30 Grupo de gaitas e bailes tradicionais “O Rueiro de Tabeaio” - Concello de Carral

Degustación de empanada de Neda - Concello de Neda

 

14:00 Degustación de patacas fritas - Deputación provincial

 

16:30 Grupo tradicional “Cuarteto de Trasancos” - Concello de Neda

Degustación de xeado - Concello de Miño

 

17:00 Aula da natureza e centro de interpretación do barro “Brañas da Valga” - Concello de Mesía

Taller de oleiría da aula da natureza e centro de interpretación

do barro “Brañas da Valga” - Concello de Mesía

Degustación de queique - Concello de Ordes

 

17:30 Actuación danzas gremiais - Concello de Betanzos

Degustación de proia - Concello de Pontedeume

 

18:00 Actuación teatral “O bululú nos Camiños de Santiago”

de Fuso Negro Teatro - Deputación provincial

 

19:00 Degustación de troitas - Concello de Oroso

Degustación do pan de Carral - Concello de Carral

Degustación de chocolate con churros - Deputación provincial