O traballo conxunto das administracións crea a rede de fontes de auga potable no Camiño Inglés

Entradiña: 
Pouco a pouco vanse sumando novas fontes a un itinerario cultural que se leva a cabo en Europa, construído no marco do programa europeo Life Water Way e cofinanciado pola Deputación
A Coruña e As Mariñas » A Coruña
Imaxe: 
venres, 18 Marzo, 2022
Descrición: 

Ponse fin un traballo conxunto levado a cabo durante 6 anos no Camiño Inglés por todas as administracións implicadas neste proxecto, no marco do programa europeo 'Life Water Way'.

Promovido e coordinado polo Concello de Abegondo e cofinanciado pola Deputación da Coruña, contou coa colaboración de Augas de Galicia e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Esta iniciativa supuxo a creación dunha rede de 28 fontes de auga potable no Camiño Inglés, a primeira das súas características dentro dun itinerario cultural en Europa. A fonte de San Caetano marca o punto final a esta ruta, que conta con outros puntos nos seguintes municipios da provincia: Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes e Oroso.