O vicepresidente da Deputación Xosé Regueira recibe un premio na XVII Edición da Gala de Turismo e a Gastronomía de Galicia

O premio na modalidade de proxectos e iniciativas institucionais valora o traballo desempeñado na Área de Turismo da Deputación da Coruña
venres, 27 Setembro, 2019

O vicepresidente da Deputación da Coruña e Deputado de Turismo, Xosé Regueira recibiu o martes 25 de setembro na Cidade da Cultura o premio na modalidade de proxectos e iniciativas institucionais.

Estos premios organizados pola revista HGg&T recoñecen produtos e protagonistas do sector turístico coma Xosé Regueira, que agradeceu o agasallo como recoñecemento á aposta da institución “polo turismo de calidade e pola profesionalización do sector que é vital para o desenvolvemento económico do territorio”.

Por outra banda, tamén agradeceu o traballo desenvolvido na sección de turismo á hora de realizar proxectos e promover iniciativas que impulsen e preserven este sector. 

Neste evento, entregáronse un total de 18 distincións en oito categorías, que inclúen premios para Galicia Calidade, a campaña “Vivamos como galegos” de Gadis, o “Mercado de la Cosecha” de Hijos de Rivera, as luces navideñas do concello de Vigo ou o xeoparque Montañas do Courel.

A estas categorías sumouse un recoñecemento especial para Paco Bobadilla, exsecretario xeral para o turismo do cambio; o Centro Superior de Hostelería de Galicia coetáneo con HGg&T no proceso evolutivo deste cuarto de século, xunto á F.P.hosteleira, sectores que personifica o actual conselleiro de Cultura e Turismo (antes de Educación) Román Rodríguez; Francisco Sampaio, expresidente da Regiâo do Turismo do Alto Minho e “actor transfronteirizo necesario”, e Alfredo Álvarez, fundador de AGASU.