OBRAS NO ENTORNO DA FERVENZA DO ÉZARO

Este ano, 2019, o entorno da Fervenza do Ézaro estará en obras
Costa da Morte » Dumbría
mércores, 3 Abril, 2019

Para poder converter a Fervenza do Ézaro nun recurso turístico accesible, este ano estase a levar a cabo a construción da pasarela accesible. Por mor das obras, durante a Semana Santa 2019 NON haberá iluminación nocturna e tamén haberá restriccións de acceso peonil determinadas datas para favorecer que as obras se realicen con maior celeridade.

+INFO: 

Así mesmo, nas redes sociais do concello: Facebook - @ConcelloDeDumbria, Twitter - @ConcelloDumbria e Instagram - @concellodedumbria, iranse publicando os cortes de acceso peonil que se vaian desenvolvendo.

Lembrarlle que a Fervenza do Ézaro poderá verse ao longo das obras, dende lonxe, pero o acceso á mesma estará condicionado polas obras. 

O Concello de Dumbría lamenta as molestias que poida ocasionar.