A oficina de turismo do concello de Padrón atendeu o ano pasado a máis de 42.000 visitantes

Os portugueses son os que máis visitan Padrón, seguido de alemáns, franceses e italianos
Turismo Padrón
Turismo Padrón
Terras de Santiago » Padrón
xoves, 10 Xaneiro, 2019

A oficina de turismo do concello de Padrón atendeu durante o ano pasado a 42.802 visitantes. O Camiño de Santiago, como principal elemento desestacionalizador da vila atraeu a maior parte das persoas que se achegaron á localidade, seguido de recomendacións, familia ou amigos que viñeron a Padrón motivados polo clima, a paisaxe ou a gastronomía, destacando, como non o pemento de Herbón e a lamprea en todas as súas variedades. Segundo os datos recibidos da oficina, observouse que os portugueses son os que máis visitan Padrón, seguido de alemáns, franceses e italianos.

Ainda non coñeces Padrón? Entra na páxina web do concello onde atoparás toda a información que necesites.