Padrón acolle en outubro as sétimas xornadas #SaboreaPadrón, con 11 locais participantes

A sétima edición das xornadas gastronómicas #SaboreaPadrón desenvolveranse os días 6, 7, 8, 12, 13, 14 e 15 de outubro e que contarán coa participación de 11 establecementos hostaleiros.
"Saborea Padrón 2017"
"Saborea Padrón 2017"
Terras de Santiago » Padrón
domingo, 1 Outubro, 2017

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, e a concelleira de Turismo, Lorena Couso, presentaron a sétima edición das xornadas gastronómicas #SaboreaPadrón, que se desenvolverán os días 6, 7, 8, 12, 13, 14 e 15 de outubro e que contarán coa participación de 11 establecementos ofrecendo petiscos a 2 €.

Os 11 locais e os petiscos que ofrecerán son os seguintes: Café Bar As Camelias (Delicias do Camiño), Cafetería Alfolí (A tosta do Camiño), Cafetería Bámbola (O mirador do Camiño), Café Cultural Airiños (A cuncheira), Café Século XX (Traslatio), Central Perk (Pasiño a pasiño), O Alpendre (A Quintana), O Secreto (A Cunca do Peregrino), O Secreto do Viño (Pan e viño axudan a facer o Camiño), Retro Visor (Rolling Stone) e Ruta Xacobea (HIC FUIT).

Votacións e premios

Para a votación do mellor petisco, os establecementos participantes proporcionaranlle aos clientes unha tarxeta-pasaporte que tamén lles permitirá entrar no sorteo de diversos premios. Así, cando dita tarxeta-pasaporte estea selada por alomenos 3 dos 11 locais participantes, optarán ao sorteo dun vale de 100 euros para consumir no establecemento que resulte gañador nesta edición e en 3 vales de 50 euros cada un para consumir nalgún dos establecementos participantes.

Pola súa parte, cando a tarxeta-pasaporte estea selada por alomenos 6 dos 11 establecementos, os clientes entrarán no sorteo dunha das seguintes opcións a escoller: aloxamento dunha noite con almorzo para dúas persoas no hotel O Semáforo de Fisterra, con queimada e agasallo especial, ou unha experiencia turística a escoller entre diversas propostas existentes no sitio web.

Actividades complementarias

Co gallo da celebración das sétimas xornadas #SaboreaPadrón, tamén se programarán diversas actividades complementarias. Toda a información aquí

Para participar nas actividades organizadas por Galiciaes+, as persoas interesadas poden inscribirse e consultar os descontos a través de reservas@galiciaesmas.com ou  676 81 46 74.