Padrón levará o expediente de solicitude de declaración da Pascua padronesa coma Festa de Interese Turístico de Galicia no pleno de febreiro. Así o avanzou o alcalde, Antonio Fernández Angueira que, xunto á concelleira de Cultura e Turismo, Lorena Couso Dopazo, presentou na Feira Internacional de Turismo (Fitur), en Madrid, o cartel da Pascua 2019 que este ano se celebrará entre os días 6 e 28 de abril.
A próxima semana entregarán o expediente de solicitude aos grupos da oposición co fin de poder levar a súa aprobación ao pleno de febreiro. Na súa petición, fan valer tanto a antigüidade e a continuidade no tempo da festa, como a súa singularidade e arraigamento social, así como, o valor cultural das actividades realizadas.
Máis información en Terras de Iria