Padrón define un novo Plan de Acción de Turismo ata 2022

O Plan de Acción de Turismo 2017/2022 de Padrón recolle as estratexias xerais e as liñas de traballo concretas a seguir para reforzar o sector do turismo como un eixe estratéxico da economía local.
Terras de Santiago » Padrón
venres, 20 Outubro, 2017

O Concello de Padrón vén de finalizar a elaboración do Plan de Acción de Turismo 2017/2022, que recolle as estratexias xerais e as liñas de traballo concretas a seguir para “reforzar o sector do turismo como un eixo estratéxico da economía local”. Así o comunicou a concelleira de Turismo, Lorena Couso, que salientou que “moi poucos concellos de características poboacionais semellantes a Padrón dispoñen dunha folla de ruta tan traballada e minuciosa para avanzar na planificación turística a medio prazo”.

Lorena Couso destaca que o proceso de elaboración do plan caracterizouse por ser “moi participativo”, xa que incorpora tanto as opinións e valoracións dos visitantes, como dos axentes locais do sector e tamén de expertos foráneos en materia de turismo.

Máis información en www.terrasdeiria.com