Padrón ultima a presentación da aplicación web da Pedronía e avanza novas datas para as próximas saídas

A Concellaría de Turismo de Padrón presenta este venres día 18 de outubro ás 20.30h na igrexa parroquial de Padrón a aplicación web do camiño da Pedronía
Terras de Santiago » Padrón
venres, 18 Outubro, 2019

A Concellaría de Turismo de Padrón presenta este venres día 18 de outubro ás 20.30h na igrexa parroquial de Padrón a aplicación web do camiño da Pedronía baseada no seu patrimonio inmaterial e nas experiencias sensoriais no marco dun turismo consciente que esta ruta histórica aporta ao camiñante.

Este proxecto, coordinado pola empresa Latexos de Turismo, denomínase “Creando consciencia na Pedronía” e desenvólvese ao abeiro das axudas do programa “O teu Xacobeo”, impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

A innegable tradición xacobea da igrexa de Santiago de Padrón xustifica a escolla do templo como lugar de presentación deste proxecto. O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira e a Concelleira de Turismo, Lorena Couso Dopazo presidirán este acto, ao que tamén está convidada a poboación local padronesa e dos demais concellos do camiño da Pedronía.

Máis información na ligazón.