A Pobra do Caramiñal oferta unha actividade única de turismo mariñeiro

Mariscadoras e mariscadores realizarán unha visita guiada onde o visitante experimentará a identidade mariñeira do destino
Ría de Arousa Norte » A Pobra do Caramiñal
mércores, 17 Abril, 2019

Na Pobra do Caramiñal cremos no turismo de experiencias: darlle ao visitante a oportunidade de realizar actividades diferentes e vivir en primeira persoa a identidade do destino no que se atopa. Por iso, apostamos polo turismo mariñeiro.

Este mércores, 17 de abril ás 10:15 h vai ter lugar unha visita guiada. Mariscadoras e mariscadores de a pé  van facer de guías e explicar en que consiste o seu traballo; e non só iso, os participantes van poder meterse ao mar con eles e elas e aprender a manexar os seus útiles de traballo (rastro, rastrillo, sacho...), a distinguir entre as distintas especies de bivalvos que se colleitan nas nosas augas, a calibrar as tallas mínimas... En definitiva, unha experiencia que non ha deixar indiferente a quen participe.