A Pobra do Caramiñal presenta a súa oferta de actividades durante a Semana Santa

Do 12 o 21 de abril celébranse os actos relixiosos na Pobra do Caramiñal
Ría de Arousa Norte » A Pobra do Caramiñal
sábado, 13 Abril, 2019

A Pobra do Caramiñal, vila histórica de Galicia, conmemora a Semana Santa como ven sendo tradición nas diferentes parroquias, especialmente nas céntricas: Santa M.ª a Antiga do Caramiñal e Santiago do Deán.

Dende o venres 12 de abril ao domingo 21 de abril as rúas engalanaranse de procesións, se o clima o permite:

Xoves Santo18 de abril ás 19:00 h sairá a procesión da “Cea do Señor” da igrexa do Caramiñal e ás 20:30 h será a procesión do “Bico de Xudas e a sentencia de Pilato” da igrexa do Castelo.

Venres Santo19 de abril ás 11:00 h haberá a procesión do “Encontro”, no Caramiñal, as 20:00 h  sairá a procesión do “Santo Enterro” do Castelo e as 23:00 h será a procesión dos “Caladiños” no Caramiñal.

Sábado Santo 20 de abril as 21:00 h sairá a procesión da  “Soidade” dende A Pobra do Deán.

Ademais o Museo Valle-Inclán abrirá de martes a sábado incluído Xoves e Venres Santo en horario de 11:00 a 13:00 h e de 17:00 a 19:00 h. A entrada é de balde.

Para finalizar, durante estos días celebrarase “A nosa feira”, unha feira situada nos xardins de Valle-Inclán, na que haberá exposición e venda de produtos artesáns, coiro e minerais.

Para coñecer máis detalles consulta a páxina de Facebook  ou contacta por correo electrónico á dirección turismo@apobra.gal ou chamándo ao 671 090 262 ou ao 687 482 835.