Pontedeume acolle este xuño a 3ª edición de ‘Primavera no Camiño Inglés’

O sábado 22 de xuño reuniranse na Alameda de Pontedeume os 18 concellos por onde pasa este itinerario xacobeo
luns, 10 Xuño, 2019

Nun contexto no que se estima unha progresión positiva do 25% na afluencia de peregrinos, grazas ás iniciativas de posta en valor da área de promoción e desenvolvemento turístico da Deputación en conxunción coa proactividad dos seus concellos, ‘Primavera non Camiño Inglés’ aposta por consolidarse como o evento - escaparate turístico deste camiño xacobeo

Nesta liña, a Alameda de Raxoi do concello de Pontedeume será o escenario onde este sábado 22 de xuño desenvolverase un amplo programa de actuacións para dar a coñecer a riqueza cultural, natural e gastronómica do camiño bicéfalo ao seu paso polos 18 municipios coruñeses. Os concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago tomarán o parque con jaimas onde coñecer a súa variada oferta turística. A demais habilitaranse diferentes espazos que incluirán actuacións musicais, showcookings en vivo e desgustacións, exposicións e presentacións ao redor do intangible patrimonio xacobeo deste percorrido. 

Ao longo desta semana ultimaranse os últimos retoques do programa de actividades en cuestión. Atentos ás nosas redes sociais!