POSTA EN MARCHA DA REDE DE ESTABLECEMENTOS DE ATENCIÓN AO PEREGRINO NO CAMIÑO INGLÉS

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés pon en marcha esta iniciativa para promocionar as empresas turísticas especialmente comprometidas co Camiño Inglés e coa atención ao peregrino
venres, 27 Novembro, 2020

 

Que vantaxes terá formar parte da rede para as empresas?

 

✔️Posicionamento e distinción coma empresa onde se ofrece unha especial atención ao peregrino do Camiño Inglés 

 

✔️Inclusión gratuita nos soportes de difusión e promoción 

 

✔️Participación nos programas de formación e capacitación  como por exemplo Formación en Inglés personalizada para cada tipo de establecemento. 

 

✔️Participación como servizos para viaxes ou eventos organizados pola Asociación para a promoción nacional e internacional do Camiño Inglés 

 

✔️Presenza en feiras de turismo, peregrinacións, cultura, etc. nacionais e internacionais 

 

✔️E outras moitas máis!

 

Como adherirse?

Todas as empresas que desexen formar parte da rede, terán que: 

 

➡️Asegurarse de que cumpren uns requisitos previos

 

➡️Cubrir o Formulario de Solicitude de Adhesión. 

 

➡️Mandar o formulario ao correo da Xerencia da Asociación de Concellos do Camiño Inglés: xerencia@caminoingles.gal, axuntando copia do DNI do representante legal da empresa e do CIF de esta. 

 

➡️Agardar a resolución da Asociación!

 

 

⏱ Prazo aberto para o envío das solicitudes: ata 15 de decembro de 2020 ás 14:00h.