Presentación da campaña "A provincia que sabe"

Entradiña: 
A sección de Turismo presenta a campaña de gastronomia e turismo " A provincia que sabe" no Fórum Grastonómic de Barcelona.
Imaxe: 
venres, 11 Novembro, 2022
Descrición: 

Os produtos "que saben" están a concentrar no posto institucional un gran número de público xa desde a apertura de portas do recinto, con numerosas visitas de medios e xornalistas de medios especializados en turismo e gastronomía. Cun ambicioso programa de degustacións e shoowcookings, a Deputación ofrece un espazo de promoción para que empresas comercializadoras de produtos da provincia atopen novos canles de distribución.

"Estamos seguros que a alianza e o compromiso entre a promoción turística e o territorio vai dar grandes resultados e que imos conseguir que moita xente volva mirar para as potencialidades do rural e, mesmo, que se aposte máis por iniciativas concibidas con parámetros de sustentabilidade e de economía circular". Así resumiu o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, o obxectivo da campaña de promoción que o seu departamento está a realizar durante as tres xornadas do Fórum Gastronómic de Barcelona dos días 7 a 9 de novembro de 2022.