Presentación do documental sobre o Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil (Zas)

Entradiña: 
O documental amosa unha ruta de peregrinaxe por coñecer cun patrimonio natural e histórico de grandísimo valor
Costa da Morte » Zas
Imaxe: 
xoves, 1 Xullo, 2021
Descrición: 

Baixo o título “Camiño Xacobeo de Santiago a Muxía por Brandomil”, o documental pretende poñer en valor, a través das diversas testemuñas que participaron nel, o camiño de Santiago a Muxía pasando por Brandomil e darlle a difusión e visibilidade que merece. Os alcaldes polos que pasa o camiño, párrocos, historiadores, arqueólogos, etc son os principais participantes neste documental.

A Fundación ven de presentar na Delegación de Peregrinacións do Cabildo da S.A.M.I. Catedral de Santiago de Compostela a documentación histórica e actual sobre o Camiño Xacobeo Fisterra-Santiago por Brandomil, ao cal, cumprindo coas condicións de outros camiños de peregrinación, se lle concedeu a posibilidade de recibir a Compostela a quen decida facer este camiño.

O acto, celebrado no día de onte, estivo presidido polo Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, acompañado do presidente da Fundación, o director do Museo do Pobo Galego e o director do documental, Manuel Rial.

Unha vez presentado, o documental estará dispoñible na páxina web da Fundación para todas aquelas persoas que desexen visionalo

https://fundacionbrandomil.org/