A primeira reunión do proxecto “Melloras no Camiño Inglés” realizouse no pazo Mariñán coa colaboración entre o contratista Mario Crecente e Asociados e a sección de Turismo

Onte, xoves 22 de novembro, reuníronse os técnicos de turismo dos concellos do Camiño Inglés para debater o estado actual deste singular camiño xacobeo
venres, 23 Novembro, 2018

No 2013, a sección de Turismo levou a cabo, co contratista Mario Crecente e Asociados, o proxecto “Melloras no Camiño Inglés”, unha diagnose do camiño en materia estratéxica turística, arquitectónico-urbanística e de mobilidade. Nestas liñas púxose en relevo o estado actual deste Camiño e o seu potencial de futuro, definindo unha serie de accións de mellora entre as que se destacan: A recuperación de espazos naturais degradados; a mellora da accesibilidade nas distintas etapas; ou o emprego das novas tecnoloxías da información con contidos informativos en puntos estratéxicos do Camiño a través dunha plataforma interactiva.

Cinco anos despois, o pasado xoves 22 de novembro no pazo de Mariñán, a sección organizou unha primeira reunión co obxecto de recuperar este proxecto. Neste sentido, desde a colaboración do asesor técnico Mario Crecente e Asociados co persoal da sección de turismo e o deputado de facenda Antonio Leira, reuniuse ao largo da mañá aos representantes dos grupos de desenvolvemento rural, alcaldes e técnicos de turismo da maioría de concellos por onde transcorre o Camiño. Xa pola tarde convidouse a o tecido empresarial da hostalaría, restauración e oferta complementaria cara ao peregrino.

Para cada grupo de presión a xornada logrou converterse nun debate moi dinámico ao redor do estado actual do Camiño, analizando a experiencia do peregrino actual.

En resumo, a proxección de actuacións desde 2013 estableceuse coma positiva en canto ao aumento exponencial de peregrinos e a sinalización en todo o transcurso, sobre todo grazas á habilitación e gran impacto no uso de códigos QR. En canto a puntos febles, propuxéronse na mesa unha serie de melloras na accesibilidade e seguridade, na reducida oferta de albergues e oferta complementaria e a comunicación e promoción deste camiño nos medios de comunicación e as NTIC como as páxinas web 2.0 e as súas redes sociais.

Antonio Leira destacou a posición incipiente do Camiño Inglés e a aposta da Deputación neste proxecto de promoción e desenvolvemento turístico e o impacto de outras iniciativas paralelas como "Primavera no Camiño Inglés" no centro histórico de Betanzos. Agradeceu a implicación dos concellos para facer tanxibles e alcanzables as oportunidades desde as fortalezas dos seus recursos turísticos al largo do Camiño. Sobre todo referiuse a oportunidade na narrativa e etimoloxía de esta ruta no target europeo e, concretamente, no británico.