PROGRAMACIÓN DAS VISITAS GUIADAS POLOS MUSEOS DE CERCEDA

A programación das visitas guiadas polo museos do Concello de Cerceda será durante os meses de febreiro, marzo e abril.
Terras de Santiago » Cerceda
luns, 3 Febreiro, 2020

Dende o Área de Turismo e Cultura do Concello de Cerceda están programadas diferentes visitas guiadas polos museos municipais.

Son para todas as idades e de balde. Para anotarse en cada unha das datas poden ser a través dos nosos teléfonos de contacto:981685001/682348556 ou a través do correo electrónico: infoturismo@cerceda.es

Toda a información das datas e visitas guiada, tamén se pode atopar na páxina web do concello de Cerceda, www.cerceda.org, no Facebook de Turismo Cerceda e Ecomuseo de Cerceda ou no Instagram de Turismo Cerceda e Ecomuseo de Cerceda.