

EXPOVACACIONES é un certame internacional de turismo dedicado a viaxeiros e viaxeiras que asisten co obxectivo de escoller o seu próximo destino xa que é o lugar idóneo para valorar varios destinos de forma simultánea sen importar se son nacionais ou internacionais.
A Deputación estará presente durante os tres días da súa realización, do 5 ao 7 de maio, cun stand onde se darán a coñecer os atractivos turísticos dos oito xeodestinos que conforman a provincia, resolveranse as dúbidas dos asistentes e promoverase que o seu próximo destino sexa "A provincia que sabe".
Nesta edición número 43, a Deputación ademais de contar coa habitual zona de información turística con atención ao público e reparto de publicacións e folletos, contará cunha zona máis dinámica. O obxectivo é posicionar A Coruña como un excelente destino gastronómico baixo a campaña "A provincia que sabe" por medio dun programa de showcookings e degustación con produtos autóctonos e de calidade, elaborada por cociñeiros da provincia en representación dos xeodestinos Costa da Morte (Miguel Giaquinto-Trattoria Pizzería Vesuvio), As Mariñas (Antonio Amenedo-Pazo Santa Cruz de Mondoi) e Barbanza-Arousa (Miguel Mosteiro-Gastrolab Arousa). Cada día faranse dúas elaboracións, unha ao mediodía e outra pola tarde e servirán ao mesmo tempo para promocionar ademáis da gastronomía, outros atractivos turísticos das zonas correspondentes.