Rexenera Fest: festival de arte urbana en Carballo

Cinco artistas de Madrid, Cataluña, Galicia e Euskadi encherán de novos murais a vila entre o 16 e o 26 de xullo.
Rexenera Fest
Rexenera Fest
Costa da Morte » Carballo
domingo, 12 Xullo, 2020

Carballo volve a acoller o Rexenera Fest! O festival de arte pública celebrará a súa sexta edición entre o xoves 16 e o domingo 26 de xullo de 2020 con cinco artistas convidados. A cita adoita celebrarse todos os anos a finais do mes de maio, pero a pandemia da COVID-19 obrigou a aprazar o festival que sempre invade Carballo coas brochas, sprays e pinceis e chea de cor os muros da localidade. 

Finalmente, podemos anunciar que o Rexenera poderá celebrarse, aínda que con todas as medidas de seguridade e prevención que esixe a situación sanitaria. Así, o festival consistirá exclusivamente en pintar os murais de gran formato, xa que a organización prescinde das actividades paralelas que se celebraban en cada edición (concertos, conferencias, masterclass…). Coma sempre, quen así o desexe poderá achegarse para ver in situ o progreso no traballo dos/as creadores e admirar o resultado final dos murais.

E, a pesar de todo, está previsto realizar vía online algunhas citas que poderán seguirse na web e nas redes sociais do festival.

Artistas convidados

En canto aos artistas convidados a pintar, este ano son cinco, chegados desde Madrid, Cataluña e Euskadi e con dous procedentes de Galicia. Aquí tendes os seus nomes:

Web do Rexenera Fest: https://www.rexenerafest.gal/