¡Saborea o PicoTeo e gaña premios!

Participar nas primeiras Xornadas Enogastronómicas Culturais PicoTeo 2017, que continúa a súa celebración os próximos 3, 4 e 5 de novembro, ten premio.
Terras de Santiago » Teo
xoves, 2 Novembro, 2017

O Concello de Teo está a celebrar dende o 27 de outubro as I Xornadas Enogastronómicas Culturais PicoTeo 2017,  e que teñen continuación estes vindeiros 3, 4 e 5 de novembro. A clausura destas xornadas será o 11 de novembro coincidindo ca Feira de San Martiño na carpa municipal.

Premio analóxico: tres cestas con produtos gastronómicos do país con certificacións de calidade. 

Participar no sorteo é moi sinxelo, só tes que desgustar o pincho, a ración ou o menú no local participante, encher esta papeleta cos teus datos persoais, indicar que foi o que degustaches e depositala na urna que para tal efecto terá o local á túa disposición. Podes cubrir tantas papeletas como pinchos, racións ou menús degustes en cada local.

Premio dixital: estancia dunha noite para dúas persoas, en réxime de media pensión (o menú enogastronómico da cea estará vencellado ao concurso) nun dos seguintes establecementos con encanto de Teo (a escoller pola persoa gañadora, que deberá verificar no Concello a dispoñibilidade do establecemento nas datas que elixa): Casa Grande de Cornide, Parada de Francos ou Pazo de Adrán. Para participar neste sorteo tes que seguir os seguintes pasos:

1. Deberás darlle a «Gústame» na páxina de Facebook de Turismo de Teo.

2. Tes que subir ao teu muro, en modo público e etiquetando a turismoteo, unha foto do prato degustado (pincho, ración ou menú) facendo un comentario sobre o mesmo ou sobre o establecemento visitado (Só se terán en conta as publicacións realizadas ata o 5 de novembro de 2017, inclusive).

Elaboraremos una lista numerada cos nomes de todas as persoas que seguiron estas indicacións, que serán as que opten ao premio. A listaxe farase pública antes do sorteo, para que poidas comprobar o número que che asignamos. Os sorteos realizaranse na feira do San Martiño, na Carballeira de Francos, o 11 de novembro de 2017, durante a clausura do Picoteo na Carpa Municipal. Se es unha das persoas afortunadas verás o teu nome nos medios de comunicación, na web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello de Teo. Tes ata o 31 de novembro para reclamar os premios.

Ademais, Turimo e Promoción Económica do Concello de Teo apoiáronse na app "Quedamosde tapas" para visibilizar as xornadas. Descárgatela aquí e goza da variada oferta de petiscos, racións e menús todos eleborados cos produtos de maior calidade da nosa terra, os productos con certificacións de calidade!