A sección de Turismo da Deputación da Coruña aposta pola promoción turística da provincia en Turexpo

A participación da área de Turismo na 9ª edición de Turexpo ten como estratexia promocionar os seus recursos e a súa oferta para promover as visitas turísticas á provincia
xoves, 6 Xuño, 2019

 Durante o 6 de xuño ata o 9 desenvolvese Turexpo, Feira de Turismo de Galicia, coñecida como o Salón Turístico de Galicia celébrase no marco da Semana Verde de Silleda. A par terá lugar a 6ª edición de Festur, onde as festas de interese turístico serán as protagonistas.

Turexpo é a feira de referencia do turismo na Comunidade Autónoma de Galicia,  polo que a sección de Turismo da Deputación da Coruña mostra a súa presenza cunha estratexia centrada na promoción da oferta turística dos seis xeodestinos da provincia, ademais de información xeral sobre o Camiño de Santiago, festivais, feiras gastronómicas, rutas de sendeirismo entre outra información para dar visibilidade ao potencial turístico dos distintos concellos que conforman a provincia coruñesa.