A sección de Turismo da Deputación da Coruña asistirá a FEVINO2019

Os días 4 e 5 de xuño celébrase a 4º edición de FEVINO en Ferrol
luns, 3 Xuño, 2019

No 2019 volta unha nova edición do Salón Profesional do Viño “Fevino”  no emblemático edificio de Afundación ubicado en Ferrol. Para este encontro contarase con unha interesante programación que fará as delicias de tódolos afeccionados a enoloxía e viticultura, ademais da presenza de bodegueiros, enólogos, distribuidores, comerciais, hoteleiros, críticos…, e mais profesionais relacionados co sector do viño, onde poderán coñecer e degustar todo o que acontece co mundo da enoloxía.

Entre as moitas actividades de Fevino destacan “Túnel do Viño Galego”, co especial protagonismo das cinco denominacións de orixe galego (Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras). A entrega dos galardóns co nome de “Os gardiáns do viño”, exposicións de obras de arte recoñecidas no XI Premio Internacional de Gravado Pedro Vivanco, numerosas catas, premios para as mellores elaboracións galegas no apartado de espumosos, augardentes, rosados e vermús no 1º  certame “Os espíritos do Viño” , e moitos mais.

A área de turismo da Deputación aproveitará este espazo para promocionar  o patrimonio e recursos turísticos da provincia coruñesa.