A sección de turismo da Deputación da Coruña lanza un novo vídeo promocional: Coruña Like

Coruña Like, o vídeo promocional da provincia da Coruña, lánzase nas redes sociais
Camiño dos Faros - Fisterra
Camiño dos Faros - Fisterra
xoves, 2 Agosto, 2018

Aínda non nos segues en redes sociais? A provincia da Coruña móstrache, co vídeo Coruña Like, unha ampla variedade de experiencias para facer da túa viaxe unha vivencia que quererás compartir con todos.

sección de turismo da Deputación da Coruña lanza novo vídeo promocional da provincia e dos seis xeodestinos, baixo o lema “Coruña Like”. Trátase dunha campaña para fomentar a visibilidade do perfil de turismo da Deputación nas redes sociais de maior impacto, é dicir: Facebook, Twitter e Instagram.

A canle de Youtube é o portal onde descubrirás as imaxes que che farán vivir en primeira persoa a riqueza da paisaxe de cultura e natureza provincial. Tanto co vídeo xenérico e a curta da provincia, como cos específicos dos xeodestinos, amósanse os recursos turísticos de maior representatividade.

Mostras deste patrimonio de intanxible valor turístico, son: a torre de Hércules e o porto da Coruña e as Mariñas, a fervenza do Ézaro e o cabo Fisterra  na Costa da Morte, o monte Louro e o castro de Baroña na ría de Muros e Noia, a praza do Obradoiro nas Terras de Santiago, e o cabo Ortegal ou o mosteiro de Caaveiro de Ferrolterra.

A Coruña é unha paisaxe conformada pola dicotomía entre terra e mar, nun territorio cheo de tradicións e identidade.

Pérdete e reencóntrate nunha paisaxe de tonalidades verdes e azuis, e sobre todo comparte a experiencia no teu perfil!