A sección de Turismo desprázase ao Xeoparque de Lanzarote e Archipélago Chinijo, en razón das IV Xornadas Abertas dos Xeoparques Españois

A Deputación forma parte do cooworking xeolóxico español ao redor da figura do Xeoparque da UNESCO
venres, 26 Outubro, 2018

Onte, día 25 de outubro, iniciouse a IV edición das  Xornadas Abertas dos Xeoparques Españois coa asistencia dos representantes dos xeoparques de ‘Villuercas’, da ‘Costa Vasca’, das ‘Sierras Subbéticas’, de la ‘Catalunya Central’, de la ‘Sierra Norte de Sevilla’, ‘Las Loras’ e da ‘Conca de Tremp-Montsenc’, ademais do ‘Instituto Geológico Minero’ e a Deputación da Coruña.

A denominación de Xeoparque Mundial é un recoñecemento da UNESCO, dirixido a conservación e divulgación dos ámbitos territoriais cun patrimonio xeolóxico singular e considerados pola súa sociedade local coma produto de identidade.

A Deputación capitanea o ‘Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal’ no xeodestino de Ferrolterra, fundamentándose cunha das secuencias alóctonas orixinarías do Oroxéneo Varisco Europeo máis completas, e caracterizada polo contacto entre a litosfera continental e oceánica, –un afloramento de materiais duns 350 millóns de anos-. Tamén, pola disposición -dos acantilados marítimos máis altos do continente-.

Nun contexto actual onde unha vez constituída a comunidade intermunicipal cos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño y Valdoviño, a Deputación esta a tramitar o Plan Director para facer do proxecto un Xeoparque recoñecido pola UNESCO. Neste contexto, a asistencia da Deputación como portavoces do Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal é unha actividade estratéxica da sección de Turismo, para non só posicionar a imaxe dos xeosites que conforman este proxecto na rede de xeoparques de España, senón tamén de establecer un cooworking coas experiencias dos xeoparques xa declarados.

Ao redor da oportunidade de desenvolvemento e conservación dos recursos xeolóxicos icónicos (ou como declara a UNESCO, Xeosites), a xornada dura ata hoxe día 26 de outubro no ‘Geoparque de Lanzarote y el Archipélago Chinijo’ e ten coma finalidade –poñer en relevo as claves para dar valor aos recursos xeolóxicos e integrar á localidade e as súas tradicións no seu desenvolvemento e conservación-.

Onte trasladouse esta información cos relatorios dos xestores e técnicos do Xeoparque lanzaroteño e os representantes da administración pública da súa demarcación, e hoxe todos os asistentes están de saída de campo guiada entre Xeosites.

Ségue esta e máis novas no noso twitter