A serie documental 'Turismo Rural por el Mundo' amosará a riqueza natural dos 6 destinos da provincia na 2 de Televisión Española

O vindeiro 26 de maio ás 18:30 emitirase na TVE2 o cuarto episodio de 'Turismo Rural por el Mundo' rodado na provincia da Coruña
xoves, 16 Maio, 2019

'Turismo Rural por el Mundo' é unha serie documental da 2 de Televisión Española que, producida por Orange Productions, chegou ata o medio millón de espectadores no episodio con maior audiencia da anterior tempada. Ese episodio foi dedicado a comunidade veciña, Asturias, co que se pode dicir con seguridade que o norte de España suscita un interese inherente na expectación asociada a este nicho de mercado, «viaxeiros que buscan escapar da vida na cidade para desconectar en pobos que aínda conservan tanto a súa estética como a súa produtividade rural».

No cuarto episodio desta nova tempada que se emitirá o vindeiro domingo 26 de maio, o xornalista Juan Frutos xunto o seu equipo mostrará ao mundo a riqueza cultural, gastronómica e paisaxística da Provincia da Coruña percorrendo cada un dos seus 6 pictóricos destinos de terra e mar. Despois dun estreito e exitoso traballo coordinado desde a sección de Turismo de Deputación da Coruña coa produtora oficial da TVE 2, os impoñentes cantís de Ortegal, o Camiño, os icónicos paraxes de natureza da Costa da Morte e as vilas mariñeiras das rías de Muros e Noia e Arousa Norte son algúns dos escenarios que aparecerán nas pantallas de toda España.

 A parte da súa emisión este 26 de maio ás 18:30, esta rodaxe de pouco máis de media hora estará dispoñible en “Televisión á Carta” da web de RTVE, unha plataforma dixital que conta con 14 millóns de usuarios ao día. Os primeiros episodios de Lituania e Líbano xa están dispoñibles.

Spoilers a parte, no perfil de Facebook de Turismo da Deputación dá Coruña está dispoñible o trailer da tempada con algúns dos lugares máis simbólicos da provincia. Recoñécelos?