Setembro comeza cunha nova exposición no Faro Vilán de Camariñas

Contido recente

Dende o día 2 de setembro de 2023, a sala de exposicións que xestiona a “Asociación de Empresarios de Promoción turística de Camariñas” acolle unha mostra do artista F. Seijas baixo título de “O son do mar e as cores”.
Costa da Morte » Camariñas
venres, 1 Setembro, 2023

Nesta exposición individual, preséntanse obras de pintura de diferentes tamaños e condicións pero con características comúns que enseguida amosan a forma de interpretar a arte, sempre conceptual, deste artista.
O primeiro que chama a atención na súa observación é a ausencia total de profundidade nas obras expostas: nin fugas, nin liñas de horizonte. Todo se desenvolve nunha superficie bidimensional ocupada por espazos case sempre pechados e recheos de cor que marcan, xunto co elemento semántico (o A, o 1, o O…), o equilibrio e a composición da obra como conceptos principais na observación destes cadros.
Se a imaxe é un signo, quere isto dicir que non é a realidade mesma, tan só a representa e nesa representación atopamos a comunicación. A Real Academia defínenos a Semántica como una disciplina que estuda o significado que teñen os signos lingüísticos e as súas combinacións. “Eu procuro amosar coas miñas obras una relación artístico-pictórica entre os signos e a pintura”.