As Torres do Allo ofrecen este verán visitas teatralizadas a cargo da compañía "Os Quinquilláns"

Non te perdas a experiencia de descubrir a historia das Torres do Allo no concello de Zas
Costa da Morte » Zas
martes, 23 Xullo, 2019

Este verán achégate a un dos pazos máis antigos de Galicia, ás Torres do Allo e coñece a súa historia dunha forma diferente, xa que volven as visitas teatralizadas a cargo da compañía "Os Quinquilláns". Victor López Seoane e Francisca de Riobóo farán un recorrido polo pazo mostrando o seu modo de vida e as particularidades do seu día a día.

Días e horarios das visitas teatralizadas:

- Os domingos 7, 14, 21 e 29 de xullo ás 19:30h.

- Os domingos 4, 11, 18 e 25 de agosto ás 19:30h.

As visitas son libres e de balde.