As Torres do Allo ofrecerán visitas guiadas gratuitas durante este verán

O pazo Torres do Allo saca a relucir a súa rica historia mediante visitas guiadas de forma gratuita
Costa da Morte » Zas
martes, 10 Xullo, 2018

A partir do venres 15 de xuño ata o 15 de setembro, no pazo as Torres do Allo, haberá visitas guiadas gratuítas todos os días ás 13.00 e ás 17.00 horas. Cunha duración aproximada de 50 minutos, poderase coñecer a historia completa do pazo dende o século XV ata a actualidade.