Touro pon en marcha a XIII edición do concurso de fotografía “ Touro en imaxes”

Esta nova edición ten de prazo para a presentación dos traballos ata o 9 de novembro e a decisión do xurado farase pública dentro dos tres meses seguintes.
Terras de Santiago » Touro
martes, 4 Setembro, 2018

O Concello de Touro puxo en marcha o pasado 20 de xuño unha nova edición do seu concurso de fotografía "Touro en imaxes" que este ano cumpre 13 edicións. Este concurso xurde co obxectivo de promocionar os seus recursos histórico - culturais e naturais, ao mesmo tempo que contribúe a creación artística. Os/as afeccionados/as e amantes da fotografía teñen de prazo ata o venres 9 de novembro para presentar os seus traballos.

O XIII concurso de fotografía "Touro en imaxes" consta de dúas categorías: xuvenil (12-18 anos) e adultos (maiores de 18 anos). Cada categoría consta de dous apartados, un de natureza e outro de patrimonio histórico - cultural. Os premios na categoría de adultos son 300€ en cada apartado e, na cada categoría xuvenil, unha cámara de acción deportiva en ambos apartados.

Os traballos presentados formarán parte dun arquivo creado para uso municipal e tamén terá lugar unha exposición cos traballos premiados e as fotografías presentadas ó concurso.

Máis información aquí