Turismo da Deputación da Coruña estivo presente no Festival da Luz

A Deputación da Coruña participou esta pasada fin de semana no Festival da Luz, festival que se celebra todos os anos no Concello de Boimorto.
Terras de Santiago » Boimorto
martes, 12 Setembro, 2017

A Deputación da Coruña participou esta pasada fin de semana no Festival da Luz, festival que se celebra todos os anos en Boimorto no que a súa fundadora, Luz Casal, reúne todos os anos a diferentes grupos de música co fin de recaudar fondos para a axuda contra o cancro.

O ente provincial organizou o "Mercado da Deputación" onde máis de 25 empresas da provincia levaron os seus produtos que aglutinaban a artesáns, ONG´s, redeiras etc... con exposicións e demostracións en vivo das súas labores.

Ademais, a Deputación contaba cun stand propio no que se recollía toda a información do turismo provincial, destacando os seus xeodestinos e os roteiros polo territorio, así como información doutros departamentos como Cultura, Servizos Sociais, Europe Direct ou a Biblioteca Provincial.