Turismo de Padrón asiste a Fairway para promocionar o seu papel no Camiño

O Fairway estase celebrando desde domingo ata o martes no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago
Terras de Santiago » Padrón
luns, 13 Novembro, 2017

A concelleira de Turismo de Padrón, Lorena Couso, anunciou que técnicos do departamento de Turismo participan no II Fórum do Camiño de Santiago “Fairway”, para promocionar o papel de Padrón con respecto ao Camiño. 

A copla popular “Quen vai a Santiago e non vai a Padrón, ou fai romaría ou non” é un dos lemas empregados por Turismo de Padrón nos novos folletos promocionais deste itinerario que pretende reforzar o protagonismo da capital do Sar como “berce do Xacobeo”.

Máis información en www.terrasdeiria.com