TURISMO DUMBRÍA en tempos de COVID19

A túa colaboración é fundamental para que Dumbría siga sendo un concello seguro para todos.
Fervenza do Ézaro & covid19
Fervenza do Ézaro & covid19
Costa da Morte » Dumbría
domingo, 19 Xullo, 2020

FERVENZA DO ÉZARO

Visitar a Fervenza do Ézaro é máis accesible ca nunca grazas á pasarela pola cal persoas con mobilidade reducida poden achegarse a gozar da Fervenza do Ézaro. Este ano, debido á COVID-19, é necesario seguir unhas pautas de prevención e hixiene para visitar a Fervenza do Ézaro: 

  • Máscara obrigatoria.
  • Xel hidroalcohólico a disposición dos visitantes, para favorecer a hixiene de mans.
  • Evitar tocar superficies.
  • Circular pola marxe dereita da pasarela.
  • Prohibición de bañarse nas augas da fervenza.

O acceso está regulado, por persoal do concello, para evitar aglomeracións e lembrar as pautas de prevención e hixiene para unha Fervenza do Ézaro segura. 

Este ano, como consecuencia da COVID-19 optouse por non iluminar a Fervenza do Ézaro co obxecto de evitar aglomeracións, como medida preventiva fronte ao coroavirus.

Sigue as recomendacións e goza Dumbría.

 

OIT O ÉZARO

Oficina de Turismo do Ézaro, Dumbría, aposta polo TURISMO SEGURO e, para iso, ten en marcha un protocolo Covid19. Fomentando un servizo de información turístico seguro e reforzando as labores de limpeza e desinfección.

O seu bo funcionamento depende de todos: técnicas de turismo + visitantes + persoal de limpeza e desinfección.

 

ASEOS PÚBLICOS

Non esquezas a máscara nin desinfectar as mans tanto ao entrar coma ao saír dos WC públicos.

Gozar dun verán atípico pero fóra da casa depende de todos!

 

#DumbríaéTurismo