
O veleiro Mascato estará no porto da Pobra do Caramiñal este verán!
Sábados e domingos dende 18 de xullo ata o 30 de agosto poderase navegar pola ría da Arousa dende A Pobra do Caramiñal para divisar as bateas, embarcacións e a paisaxe.
O traxecto guiado será de 1 hora e 30 minutos. Sairá en quendas de mañá e de tarde ás 11:00, 13:00, 16:30, 18:00 e 19:30 h.
Os prezos por persoa son 12€ por persoa adulta e 8€ por neno/a menor de 12 anos. As familias con máis dun neno ou nena terán un desconto.
A reserva e compra previa de tíckets débese realizar no punto de información turística da Pobra do Caramiñal.
Máis información chamando ó 671 090 262 ou escribindo a turismo@apobra.gal
Reserve a súa praza canto antes!
Iniciativa organizada e cofinanciada pola Concellaría de Turismo da Pobra do Caramiñal.