Vimianzo ofrece visitas guiadas gratuítas ao castelo, e os batáns e muíños do Mosquetín

O castelo de Vimianzo e os batáns e muíños do Mosquetín abren as súas portas do 23 de xuño ao 30 de setembro
Castelo de Vimianzo
Castelo de Vimianzo
Costa da Morte » Vimianzo
luns, 13 Agosto, 2018

Dende a súa fundación no século XIII o castelo de Vimianzo viviu curiosos episodios como a prisión do bispo Fonseca, o ataque dos Irmandiños ou o refuxio literario de Evaristo Martelo. Coñece a historia dun dos castelos mellor conservados de Galicia nas visitas guiadas gratuítas!

HORARIO

Até o 30 de setembro

  • Sábados e domingos – 12 horas e 19 horas

Ademais en xullo e agosto...

  • Todos os días (excepto luns) – 12 horas

Máis información

Queres coñecer o conxunto de batáns máis impresionante de Galicia? Volver oír e ver como se move a roda dun muíño?

Todos os sábados e domingos do verán hai visitas guiadas gratuítas no conxunto etnográfico dos batáns e muiños do Mosquetín.

 HORARIO:

Todos os sábados e domingos de xullo, agosto e setembro. 

  • As 11 horas e as 18 horas

Máis información