VISITAS GUIADAS AO CASCO HISTÓRICO DE CORCUBIÓN

Durante o mes de agosto o Concello de Corcubión ofrece visitas guiadas gratuitas para coñecer o seu casco histórico
Costa da Morte » Corcubión
xoves, 9 Agosto, 2018

Dende a Oficina de Turismo de Corcubión ofrécense visitas guiadas gratuítas durante o mes de agosto.

Todos aqueles que queiran coñecer a historia da vila, as súas lendas, relatos e outras curiosidades só teñen que inscribirse na Oficina de Turismo da vila, de forma presencial, vía telefónica ou por correo electrónico.

Realizaranse visitas guiadas nos seguintes horarios:

* Martes e xoves ás 12:00h.

* Mércores, venres, sábados e domingos ás 18:00h.

Será imprescindible contar cun mínimo de 4 persoas para a realización das visitas e os grupos serán de máximo 20, por orde de inscrición.

Inscrición obrigatoria en:

Oficina de Turismo de Corcubión

Peirao s/n - 15130 (Corcubión)

981 706 163

turismocorcubion@gmail.com