Xa se coñece o calendario de Rutas Xeolóxicas no Concello de Moeche para a tempada 2020

A Mina de Piquito e as canteiras de Toelo volven a abrirse ao público
Calendario das Rutas Xeolóxicas en Moeche
Calendario das Rutas Xeolóxicas en Moeche
Ferrolterra e Eume » Moeche
xoves, 9 Xullo, 2020

Do mesmo xeito que noutros concellos da contorna, o concello de Moeche volve a contar este ano con datas para a realización das chamadas “rutas do Toelo” e “rutas da Mina Piquito”. Levaranse a cabo ao longo dos meses de xullo e agosto da man do xeólogo Fran Canosa, quen guiará aos interesados a través do cada vez menos descoñecido patrimonio xeolóxico galego. Esta actividade inscríbese dentro dos obxectivos plantexados na memoria para a creación do Proxecto de Xeoparque de Cabo Ortegal, a cal foi presentada recentemente como parte da candidatura a Xeoparque Mundial ante a UNESCO.

As inscripcións deberán realizarse na páxina oficial das rutas xeolóxicas (https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/), nas duas semanas anteriores á data da xeoruta.