XII Concurso de fotografía “Touro en Imaxes”

Esta nova edición do concurso de fotografía ten de prazo para a presentación dos traballos ata o 3 de novembro e a decisión do xurado farase pública dentro dos tres meses seguintes.
Cartel "Touro en imaxes"
Cartel "Touro en imaxes"
Terras de Santiago » Touro
martes, 3 Outubro, 2017

O Concello de Touro puxo en marcha o pasado 17 de xullo a nova edición do concurso de fotografía “Touro en imaxes”. Os afeccionados e amantes da fotografía teñen de prazo ata o venres, 3 de novembro para presentarse este concurso que cumpre xa 12 edicións.

O XII concurso de fotografía ‘Touro en Imaxes’ consta de tres apartados na categoría de adultos (maiores de 18 anos): Premio Especial Touro Natureza, Premio Especial Touro Patrimonio Histórico-Cultural e Tema Libre. Cada categoría está dotada cun premio de 300 euros. Pola súa banda, a categoría xuvenil (entre 12 e 18 anos) conta co Premio Natureza e o Premio Patrimonio Histórico-Cultural; en ambos casos o premio será unha cámara de acción deportiva.

Con esta edición do certame, o Concello de Touro quere contribuír á creación artística, a fomentar a divulgación da fotografía e a promocionar os recursos naturais e histórico-culturais do municipio. Ademais do aliciente dos premios, todos os traballos presentados pasarán a formar parte dun arquivo creado para uso municipal e tamén terá lugar unha exposición con todas as obras premiadas e as fotografías presentadas ao concurso. Así, o público asistente á mesma tamén poderá emitir o seu parecer ao respecto a través dunha votación popular, no propio espazo expositivo ou a través das redes sociais. A fotografía que reciba o maior número de votos, nos dez primeiros días, será reproducida na portada do calendario anual do concello ou no seu anuario.

Máis información aquí