XII FEIRA DA CASTAÑA. EXALTACIÓN DOS PRODUTOS DE OUTONO

A dieta de festexos imposta pola nova normalidade obríganos a satisfacer as nosas preferencias de outono de maneira diferente, compartindo as creacións culinarias nas redes sociais.
XII FEIRA DA CASTAÑA DE TOURO
XII FEIRA DA CASTAÑA DE TOURO
Terras de Santiago » Touro
venres, 23 Outubro, 2020

A feira gastronómica de Touro, coa exaltación dos produtos de outono, nesta duodécima edición muda de rexistro para que poidamos participar dela de maneira segura grazas á colaboración online con Doces Caseiros e Dona Castaña.

O gran reto desta edición son os Doces Caseiros, unha loita nas redes pola receita máis saborosa coa exaltación dos produtos de outono e o concurso plástico Dona Castaña que tamén se volve dixital nesta cuarta edición para seguir gozando das creacións máis asombrosas das novas xeracións.

O xa veterano roteiro, nesta XVI edición das Xornadas Micolóxicas mantense, pero non a tradicional catalogación e posterior exposición.

Profesionais, afeccionadas e afeccionados ... a festa gastronómica deste ano gozarase dixital e presencialmente, estará nas redes e por suposto en cada unha das casas e locais de hostalería.

@concellodetouro @TouroTurismo