Xornada de formación "Como comunicar un destino turístico no século XXI"

As xornadas tiveron lugar na Deputación, aínda que tamén se podían seguir de forma telemática.
Imaxe: 
Xornada de formación "Como comunicar un destino turístico no século XXI"
venres, 16 Xullo, 2021

Onte 15 de xullo tivo lugar a xornada de formación ofertadas pola SER, en colaboración coa Deputación, a Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia (AGAVI) e a Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo e Natureza (AGETAN). Esta sesión, denominada Como comunicar un destino turístico no século XXI, e presentada pola periodista Nani Arenas, supuxo unha nova oportunidade de crecemento para os profesionais dos concellos da provincia, xa que ademais da aprendizaxe, o networking posterior permitiu xerar sinerxias entre os asistentes.