Este mércores 2 de decembro levouse a cabo unha nova xuntanza do Consello Reitor do parque Compostela Rupestre onde se fixo balance do ano 2020.
xoves, 3 Decembro, 2020
Os puntos máis descatados a tratar foron:
- A licitación en procedemento aberto do futuro Plan Director, actualmente publicada no seguinte enlace
- A iniciación do proceso de contratación dun vídeo documental sobre o proxecto.
- O impulso do futuro parque arqueolóxico nas redes sociais.
- A autorización por parte do concello de Santiago para a cesión da antiga escola de Villestro como centro de referencia das actividades do parque.
Desde onte, asume a presidencia anual e rotatoria o Concello de Teo para darlle un novo impulso ó proxecto e achegar a súa experiencia na xestión e valorización da arte rupestre.