Museo Ortegalia

Ferrolterra e Eume » Ortigueira

Neste museo albérganse os achados arqueolóxicos do patrimonio ortegano. 

Consta dunha exposición permanente onde se mostran os achados arqueolóxicos do patrimonio de toda a comarca de Ortegal. Recorrido virtual dende a prehistoria ata a actualidade, dos diferentes poboadores do territorio. Sobresae a cámara megalítica máis antiga de Galicia (4.400 A.C.), procedente da Necrópole tumular de Forno dos Mouros. Tamén conta co punto de interpretación do espazo protexido Ría de Ortigueira-Ladrido.

Datas: Baixo petición. De martes a venres. Os fins de semana, só polas mañás

Horario: 11:00 a 14:00 horas, de mañá. 17:00 a 20:00 horas, de tarde

Duración: 1 ruta para 1 día

Guía: Si

Prezo: 1€ por persoa

Nº de prazas: 25 escolares