A educación e os coñecementos adquiridos na ensinanza obrigatoria marcan unhas bases educativas para o ser humano. Así se forxan razóns e xuízos de valor que o estudantado poderá aplicar no resto das súas actividades vitais, servíndolles de ferramentas para a súa futura formación. 

O ámbito das ciencias sociais non escapa deste concepto. É máis, convértese nunha ferramenta básica para coñecer a contorna e a historia que nos rodea. Baixo esa premisa propóñense varias rutas que axunten o fomento da percepción do contorno no que viven e que, á súa vez, completen e complementen as materias formativas das aulas. 

Desde a Deputación da Coruña trabállase pola conservación e a preservación do patrimonio da provincia do cal é responsable. Por iso crear sinerxías entre o patrimonio cultural e os máis e as máis pequenos e pequenas, convértese nun obxectivo primordial que proporcione valores e coñecementos desde a infancia.

A Deputación da Coruña ofrece neste apartado web unha guía para buscar recursos patrimoniais na provincia susceptibles de ser visitados. Ten un carácter lúdico e formativo para que os máis pequenos disfruten aprendiendo. Experimenta e investiga o patrimonio que te rodea! 

 


Contacto / Reserva

70 resultado(s) obtido(s) para a busca.
Ferrolterra e Eume » Ortigueira

Ofrécense distintos percorridos pola cunca do río Mera, río que forma a ría de Ortigueira. Ao longo das distintas rutas podemos ver pontes, refuxios de pescadores, fervenzas e a vexetación e fauna propios deste ecosistema.

Datas: Baixo petición. De luns a sábado

Ferrolterra e Eume » Cedeira

San André de Teixido ou San André de Lonxe, é un santuario sobradamente coñecido como punto de chegada de peregrinacións de milleiros de persoas no noso país.

As Mariñas » A Coruña

Esta visita guiada permite coñecer os segredos dun dos bens patrimoniais máis importantes do país, a Torre de Hércules.

Declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco, é o faro activo máis antigo do mundo, ademais de ser o único romano.

Datas: Luns a domingo

Ría de Muros e Noia » Muros

Laxe das Rodas é un xacemento de arte rupestre ao aire libre. En Muros, existen numerosas estacións rupestres ao aire libre dispersas por todo o territorio.

5 resultado(s) obtido(s) para a busca.

Non hai resultados.