Na granxa do Souto atopámonos cun picadeiro de cabalos que nos ofrece un abano de actividades que ofrecer ao alumnado.
A educación e os coñecementos adquiridos na ensinanza obrigatoria marcan unhas bases educativas para o ser humano. Así se forxan razóns e xuízos de valor que o estudantado poderá aplicar no resto das súas actividades vitais, servíndolles de ferramentas para a súa futura formación.
O ámbito das ciencias sociais non escapa deste concepto. É máis, convértese nunha ferramenta básica para coñecer a contorna e a historia que nos rodea. Baixo esa premisa propóñense varias rutas que axunten o fomento da percepción do contorno no que viven e que, á súa vez, completen e complementen as materias formativas das aulas.
Desde a Deputación da Coruña trabállase pola conservación e a preservación do patrimonio da provincia do cal é responsable. Por iso crear sinerxías entre o patrimonio cultural e os máis e as máis pequenos e pequenas, convértese nun obxectivo primordial que proporcione valores e coñecementos desde a infancia.
Onde?
Como se pode apreciar neste espazo, ofrecemos por un lado rutas en recursos patrimoniais da Deputación da Coruña e, por outro, propostas procedentes dos municipios.
A quen vai dirixido?
O programa está dirixido a escolares entre 4 e 16 anos, de calquera centro escolar da provincia da Coruña.
A Deputación da Coruña e distintos concellos ofrecen un guía que en cada visita se encargará de explicar os puntos máis destacables e interesantes do lugar. Teñen un carácter lúdico e formativo para que o alumnado goce aprendendo. Experimenta e investiga o patrimonio que te rodea!
Canto dura cada visita?
No tocante ao patrimonio pertencente á Deputación da Coruña os percorridos e as actividades organízanse de modo que cada visita dure arredor de dúas horas, con tempo para debuxar, escribir, pasear e coñecer non só o lugar senón tamén a contorna. En canto ás propostas municipais, a duración será variable segundo o caso.
Ten custo?
As visitas aos bens patrimoniais da Deputación da Coruña son de balde. No referido ás propostas municipais, hai recursos cuxa visita é de balde e outros nos que non o é, presentando nos mesmos prezos variables segundo o caso.
Horarios e prazas
Para reservar o data e ruta o profesorado debe poñerse en contacto coa Deputación da Coruña dende onde se confirmará a dispoñibilidade e capacidade de cada visita.
Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto coa Deputación Provincial, que resolverá todos aqueles aspectos descoñecidos no teléfono 981 08 05 92 ou no correo turismo@dacoruna.gal
Contacto / Reserva
Esta horta, xestionada pola Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume (AGFA), presenta dun modo didáctico as recuperadas e preservadas especies comarcais de árbores froiteiras, resultando ser máis de 160 variedades.
Horticina é unha explotación situada na parroquia da Barqueira, en Cerdido. Trátase da maior plantación de arandos do norte peninsular., pola que poderemos gozar dunha fascinante visita a través desta proposta.
Nesta actividade levarase a cabo un estudo da biodiversidade que xera a Ría de Ortigueira-Ladrido na súa franxa intermareal, coa observación de moluscos, gasterópodos, crustáceos, anémonas, aves, algas... etc.
Excepcional modo de comprobar as distintas formas de adaptación ao medio.
Nesta actividade propoñemos un achegamento ao mundo naval a través da visita a instalacións da Armada de fai 250 anos. O Arsenal composto por antigos edificios, danos a oportunidade de contemplar os canóns do século XVIII, e ademais a visita a unha Fragata F-100, en función da dispoñibilidade e p
Este muíño caracterízase por ser o muíño de mareas máis grande de Galicia.
Unha parte do mesmo funciona como centro de interpretación e a outra parte anexa serve como centro de exposicións temporais.
Datas: Baixo petición
Non hai resultados.
BASES
PRIMEIRA.- Obxecto
Poderán optar ao premio todos os alumnos e alumnas que presenten unha obra en formato debuxo ou traballo creativo inédito sobre a visita que realizaran aos fitos patrimoniais da Deputación da Coruña ou os recursos municipais que se reflicten na páxina web: turismo.dacoruna.gal no marco do programa de turismo escolar da administración provincial.
SEGUNDA.- Participantes
Poderán participar todas as persoas físicas con idade comprendida entre 3 e 16 anos, de calquera nacionalidade que formen parte dalgún dos centros escolares que teñan realizado unha visita de turismo escolar aos fitos predeterminados.
TERCEIRA.- Formato
Os traballos presentados deberán versar sobre a visita turística realizada dentro do programa de turismo escolar da Deputación da Coruña e poderán presentarse os seguintes traballos:
- Debuxo. Os debuxos versarán sobre o lugar visitado e entregaranse en formato papel. Destacarase a orixinalidade e o punto de vista adoptado polo alumno/a sobre o elemento patrimonial.
- Traballo creativo. Pode presentarse nos seguintes formatos: unha redacción, un collage, un relato ilustrado ou unha colección de fotografías comentadas feitas na visita. A temática, aínda que debe xirar sobre o elemento patrimonial visitado, terá un guión libre. Destacarase a orixinalidade e o punto de vista innovador adoptado polo alumno/a sobre o elemento patrimonial.
CUARTA.- Premio
CATEGORÍA A: Cursos de educación infantil.
Outorgarase primeiro e segundo premio para o mellor debuxo:
- Primeiro premio: consistirá nun lote de xogos e contos infantís que fomenten a aprendizaxe doutras culturas, países e costumes para o alumno/a gañador/a, e outro lote para o colexio do alumno/a gañador/a.
- Segundo premio: consistirá nunha colección de contos infantís sobre a temática das visitas turísticas (arqueoloxía, patrimonio, artesanía) para o alumno/a gañador/a, e outro lote para o colexio do premiado/a.
CATEGORÍA B: Cursos de educación primaria.
Outorgarase primeiro e segundo premio para o mellor debuxo:
- Primeiro premio: consistirá nun lote de xogos e contos infantís que fomenten a aprendizaxe doutras culturas, países e costumes para o alumno/a gañador/a, e outro lote para o colexio do alumno/a gañador/a.
- Segundo premio: consistirá nunha colección de contos infantís sobre a temática das visitas turísticas (arqueoloxía, patrimonio, artesanía) para o alumno/a gañador/a, e outro lote para o colexio do premiado/a.
CATEGORÍA C: Cursos de educación secundaria.
Outorgarase primeiro e segundo premio para o mellor traballo creativo:
- Primeiro premio: consistirá nun iPAD AIR 2 para o alumno/a gañador/a, e outro para o colexio do alumno/a gañador/a.
- Segundo premio: consistirá nunha TABLETA para o alumno/a gañador/a e outro para o colexio do alumno/a gañador/a.
A Deputación resérvase o dereito a facer uso das obras, cedendo a autora ou autor os dereitos para que a Deputación poida empregalas para calquera campaña de sensibilización e información das actividades da Deputación da Coruña relacionadas co turismo ou co patrimonio provincial.
QUINTA.- Prazo e forma de presentación dos traballos
Prazo: o prazo de admisión de obras comezará dende o dia seguinte á realización por parte do centro educativo da visita turística e rematará o 30 de xuño de 2019.
Forma de presentación: os traballos entregaranse nun sobre pechado (1), no exterior do sobre indicarase “ II Concurso de Turismo Escolar” , categoría na que se presenta (categoría A para cursos de educación infantil, categoría B cursos educación primaria e categoría C para cursos de educación secundaria). Deben indicar como remite o nome do centro do que proveñen.
Dentro deste sobre irán os traballos identificados cun pseudónimo e un sobre pechado (2) no que se incluirán os seguintes documentos:
- listaxe coa relación de alumnado e os seus pseudónimos
- folla de aceptación dos compromisos e as autorizacións de datos de carácter persoal cos datos requiridos (anexo 1).
Os traballos deberán presentarse por medio dun envío que realice a titora ou titor do centro educativo.
As candidaturas presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial da Coruña, Avda. do Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña, ou consonte co indicado no art. 16.4 apartado e) da Lei 39/2015, do 01 de outubro, RXPAC.
SEXTA.- Composición e actuación do xurado
O xurado estará presidido polo presidente da Deputación da Coruña ou persoa en quen delegue e formarán parte un técnico/a do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes, un membro do colexio Calvo Sotelo e dos técnicos da Sección de Promoción e Desenvolvemento Turístico da Deputación da Coruña.
Actuará como secretario o da Corporación ou persoa funcionaria en quen delegue. Esta será a persoa encargada de abrir o sobre das obras que resulten finalistas.
O xurado actuará en pleno, será necesaria a asistencia de dous terzos dos seus membros. As súas deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente. O réxime xurídico e de funcionamento do xurado será o disposto no artigo 17 da Lei 40/2015 do 01 de outubro.
A Deputación resérvase o dereito de modificar as condicións en calquera momento, incluso pode chegar a anulalo ou deixalo sen efecto sempre que concorra causa xustificada, en todo caso comprométese a comunicalo pola mesma vía.
Así mesmo, o xurado poderá declarar deserto o premio e a súa proposta será obxecto de resolución da Presidencia desta Deputación, que é o órgano competente para resolver o premio.
SÉTIMA.- Prazos de concesión e entrega dos premios
A concesión do premio decidirase antes do 1 de setembro de 2019, e darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación.
A entrega de premios celebrarase nas dependencias da Deputación da Coruña e avisaranse as persoas gañadoras cunha semana de antelación.
OITAVA.- A partir do día seguinte ao da concesión do xurado dos traballos premiados, as obras non premiadas non serán devoltas aos centros dos que proveñen. Agora ben, se algún centro quere recuperalas unha vez remate o concurso, poderá facelo recolléndoas na Deputación da Coruña, Avd. do Porto da Coruña, 2, Sección de Promoción e Desenvolvemento Turístico.
NOVENA.- A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.
FOLLA DE ACEPTACIÓN DOS COMPROMISOS DA CONVOCATORIA III CONCURSO TURISMO ESCOLAR 2018-2019 (ANEXO I)