O Museo do Humor de Fene bota andar na década dos oitenta a partir dunha exposición dos debuxantes Siro e Xaquín Marín, onde presentaban un manifesto a favor da mobilización en defensa do humor. Trátase dun Museo moi necesario ante a realidade dos nosos días.
A educación e os coñecementos adquiridos na ensinanza obrigatoria marcan unhas bases educativas para o ser humano. Así se forxan razóns e xuízos de valor que o estudantado poderá aplicar no resto das súas actividades vitais, servíndolles de ferramentas para a súa futura formación.
O ámbito das ciencias sociais non escapa deste concepto. É máis, convértese nunha ferramenta básica para coñecer a contorna e a historia que nos rodea. Baixo esa premisa propóñense varias rutas que axunten o fomento da percepción do contorno no que viven e que, á súa vez, completen e complementen as materias formativas das aulas.
Desde a Deputación da Coruña trabállase pola conservación e a preservación do patrimonio da provincia do cal é responsable. Por iso crear sinerxías entre o patrimonio cultural e os máis e as máis pequenos e pequenas, convértese nun obxectivo primordial que proporcione valores e coñecementos desde a infancia.
A Deputación da Coruña ofrece neste apartado web unha guía para buscar recursos patrimoniais na provincia susceptibles de ser visitados. Ten un carácter lúdico e formativo para que os máis pequenos disfruten aprendiendo. Experimenta e investiga o patrimonio que te rodea!
Contacto / Reserva
A exposición permanente do Museo do Mar permite coñecer a través de catro salas a historia e evolución da vila mariñeira de Laxe ao longo dos últimos séculos.
Esta visita ofrece a posibilidade de coñecer máis sobre o mundo marítimo e pesqueiro, incidindo tamén na conservación e na conciencia medioambiental.
No Museo do Xacemento Romano os escolares terán acceso a moito máis que ver un conxunto de restos conservados. E é que mediante un paso do particular ao xeral, esta visita permite aprender sobre a realidade socioeconómica que prevalecía durante a época do Imperio Romano.
O Museo Etnográfico da Capela é unha rede de museos relacionados entre si, que nacen neste concello no ano 2001, co obxectivo de facer da etnografía propia un recurso turístico de interese, tanto para a persoa visitante como para a veciñanza.
Naturmaz é un centro de turismo activo ubicado en Mazaricos ao lado do encoro da Fervenza. Ofrece diferentes programas escolares con actividades multiaventura (escalada, paintball, kayak, tirolina...) así como campamentos.
Non hai resultados.